Logos Multilingual Portal

Select Language



[ No Biography for this Author ]

a decisión Cristiá de considerar ó mundo feo e malo, tornou ó mundo feo e malo
a finalidade do castigo é mellorar a quen castiga
a Terra ten unha pel, e esa pel ten enfermidades. Unha desas enfermidades chámase \'home\'
amamos a vida, non porque esteamos afeitos a vivir, senón porque estamos afeitos a amar
as convicións son máis perigosas para a verdade cas mentiras
canta verdade pode ousar un espírito, canta pode aturar? Todo resultado, todo paso adiante do coñecemento é unha consecuencia da coraxe, da dureza consigo mesmo, da limpeza consigo mesmo
canto máis nos elevamos, máis insignificantes parecemos a aqueles que non consiguen voar
despois de a virtude durmir, érguese con máis enerxía
e aquelo que fixemos antes polo amor de Deus, facémolo agora polo amor ao diñeiro, é dicir, por amor ao que dá a sensación máis elevada de poder e boa conciencia
e falsa sexa para nós toda a verdade non acompañada dunha sonora gargallada
eu non dou esmolas; non son pobre de máis para dalas
falando francamente, ás veces é necesario anoxármonos para que as cousas vaian ben
mellorar o estilo significa mellorar o pensamento
non confíes nunha idea que non xurdira mentres camiñabas
non existen feitos, só interpretacións
non se poden traducir completamente as palabras conque menos aínda os propios pensamentos
nos individuos, a loucura é unha rareza: mais nos grupos, nos partidos, nos pobos, nas épocas, é a regra
noventa e nove partes de entre cen en calquera \'creación\' son imitación, en sons ou en pensamentos. Roubo, máis ou menos propositado
o aumento da sabedoría pode medirse axeitadamente pola diminución da bile
os homes non se avergoñan de pensar cousas sucias: mais avergóñanse ao pensar que se lles poidan atribuír estes pensamentos sucios
os poetas non teñen pudor a respecto das súas experiencias: explótanas
pódese mentir coa boca, mais coa expresión que se adopta nese momento, estáse a dicer a verdade
se os esposos non vivisen xuntos, os bons matrimonios serían máis frecuentes
sempre hai un pouco de tolemia no amor, mas hai sempre un pouco de razón na tolemia
só escoitamos as preguntas para as que temos unha resposta
toda convicción é un cárcere
todo o que hoxe consideramos inmoral, noutro lugar e noutra época era considerado moral. Quen nos garante que non voltará a mudar de nome?